As actividades que se realizaron con soporte tecnolóxico non foron moitas. posto que, como xa comentei, practicamente só utilizaban o ordenador, e unha vez á semá (40 minutos).
No meu período de prácticas, polo tanto, corresponderíame acudir a 4 clases de Informática, pero un dos días tiben a reunión coa miña coordinadora de prácticas, polo que só fun a 3 clases.
O 1º e o 2º día de Informática cada un estaba nun ordenador. Ó principio todos miraban para a parede do final da aula, na que o mestre de Informática proxectaba o que estaba facendo el no ordenador. Todos puxeron o CD de SM que lles dou o profesor e miraron o que pasaba. Despois de escplicarlle o que debían facer, cada un foino facendo no seu ordenador. Algúns con máis problemas e outros con menos. Dicir qeu no CD sempre aparecía un boneco que lles explicaba tamén o que debían facer.
As actividades dese CD consistían:
-
Colorear da cor que lle mandan. É dicir, na pantalla aparecíalles un debuxo con distintas partes. Cada parte tiña un número e, a cada número correspondíalle unha cor. Total, que tiñan que facer click nunha cor e despois facer click na parte que tibera o número correspondente. Así ate completar o debuxo. Unha vez completado podían elixir outro debuxo.
-
Ordear. Aquí aparecíanlles 4 viñetas de debuxos desordeados. Polo que os nenos e nenas tiñan que ordealas nun recadro que aparecía abaixo. Poñendo o que acontecería do primeiro ó último. Ó rematar xa lles pasaba a outras viñetas.
-
Clasificar. Neste exercicio aparecíanlles nun lado distintos debuxos basados en figuras xeométricas e, no outro lado, unha figura xeométrica grande. O que debían facer era coller os debuxos que tiñan a forma da figura xeométrica que aparecía no lado e levalos ate dentro da figura xeométrica grande. Unha vez que metían tódolos debuxos correspondentes aparecíalles outra figura distinta e outros debuxos.
-
Colocar. Aparecía un debuxo dunha paisaxe e distintos medios de transporte. Os nenos e nenas debían coller cada medio de transporte e colocalo na súa correspondente vía; é dicir, se lles aparecía un barco tiñan que collelo e levalo ate o mar, se lles aparecía un avión levalo ate o ceo, se lles aparecía un tren na vía...
E estas foron as actividades do CD de SM que fixeron.
O seguinte día foi o día que non puiden ir pola reunión coa coordinadora de Prácticas.
E o último día, a titora pediulle ó mestre de Informática se podían escribir no ordenador "FELIZ NADAL" e o seu nome, cada un, para unha postal que estaban facendo.
O problema foi que o mestre de Informática entendeu mal e pensaba que o que quería a profesora era que cada neno, a parte de escribir iso, fixese unha postal no ordenador e despois imprimila, claro. Polo que comezou a explicarlles como funcionaba o Paint. Unha vez rematada a explicación, e con exemplo incluído, obvio, os nenos nenas puxéronse a debuxar. Ate que se deron conta de que non era eso o que se quería. Así que... Cambiamos radicalmente e o mestre explicoulles o que debían facer no Word.
Finalmente, cada un escribiu "FELIZ NADAL" e debaixo o seu nome. Por variar, algúns con bastantes problemas: que se pulsaban moito tempo o "F" e aparecíanlle moitísimos "F", que se en vez de "F" poñían "D"... Pero o remate da clase todos tiñan o seu "FELIZ NADAL" e o seu nome nun folio. Pois eles mesmos lle daban a imprimir e ían correndo a buscalo a impresora.
E despois, a medida que ían acabando, poñíanse no Paint e facían o que querían.
E sacando os días de Informática, no que xa contei o que facían nos ordenadores, con que traballaban... e que sempre usaban o retroproxector... Penso que os nenos e nenas non fixeron máis actividades con soportes tecnolóxicos.